Publicidad

Narón incorpora tres novos axentes da Policía Local, suma así 37 profesionais

FERROL360 | Luns 22 setembro 2014 | 12:30

Os tres novos policías locais incorporaranse á plantilla do Concello de Narón en maio de 2015, logo de completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública, onde inician hoxe a súa preparación.

Actualmente, a plantilla da Policía Local de Narón está formada por 34 axentes, ós que se sumarán o vindeiro ano estes tres novos policías, pasando polo tanto a 37 efectivos para un municipio que ronda xa os 40.000 habitantes.

A toma de posesión estivo presidida polo alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e tamén contou coa presenza do Xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e a Secretaria Accidental do Concello, Pilar Suanzes, quen deu fe do acto.

Acto de toma de posesión dos novos policías de Narón (foto: Concello de Narón)
Acto de toma de posesión dos novos policías de Narón (foto: Concello de Narón)