FERROL360 | Martes 21 xaneiro 2020 | 11:00
O Concello de Narón inicia esta semana as actividades con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto que terá lugar o vindeiro 27 luns de xaneiro.
Cada ano dende 1945 celébrase unha cerimonia en lembranza das vítimas, coincidindo co aniversario da liberación do campo de concentración de Auschwitz.
Narón quere render homenaxe cunha serie de actos para que non se queden no esquecemento e non se repitan.
Así, Marián Ferreiro, a alcaldesa de Narón xunto con representantes do Concello acudieron ao acto inaugural da exposición «Galegos en Mauthausen», ubicada na sala de exposicións da Biblioteca municipal.
Á cita, tamén estivo presente o presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática. Esta entidade en colaboración có Concello organizan un ano máis os actos de conmemoración do Día Internacional das Vítimas do Holocausto.
A mostra consta de medio cento de imaxes, paneis e outros documentos nos que se constata a situación duns douscentos galegos internados no campo de concentración nazi de Mauthausen, en Austria.
A exposición estará aberta ata o vindeiro 1 de febreiro, en horario de luns a venres, de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.
Conferencias e actos
O próximo luns, día 27, ás 11:00 horas haberá unha visita guiada a esta exposición para alumnado do colexio Ayala e do IES As Telleiras.
Pouco despois, ás 12:00 horas, celebrarase un acto institucional no salón de plenos do Concello.
Neste evento participará alumnado dos centros citados anteriormente e no que se acenderán seis candeas en recordo dos diversos colectivos vítimas do Holocausto.
A maiores, Barrera tamén impartirá este mes a conferencia «Galegos en Mauthausen», para o alumnado de Bacharelato do IES das Telleiras e de cuarto curso de ESO do colexio Ayala.
Debate sobre el post