FERROL360 | Venres 14 marzo 2014 | 12:38
O Concello de Narón está a organizar unha Feira Multisectorial aberta a todo tipo de expositores relacionados co mundo rural, como artesanía, alimentación e gandería, ademais de agricultura e medioambiente.
Así, o evento substitúe á tradicional Feira de Maquinaria Agrícola e Árbores Froiteiras e celebrarase os días 12 e 13 de abril no recinto feiral do Trece (Sedes).
Os autónomos interesados en participar poden informarse e inscribirse no Concello, chamando previamente ó teléfono 981 33 77 00 (extensión 2201). A participación é gratuíta.
Debate sobre el post