FERROL360 | Sábado 20 xullo 2019 | 13:21
O programa municipal Verde que te quero verde remata este domingo día 21 coas actuacións de Paco Nogueiras e Fred Martins. A iniciativa impulsada a través do Padroado da Cultura de Narón ten como obxectivo descentralizar a programación do Padroado, levándoa ás prazas e parques do Concello para desfrute do público.
Así, a xornada deste domingo pecha a súa terceira edición coas últimas actuacións deste ano no parque da rúa Mariña Española, en Santa Icía, a partir das 12:30 horas.
Os encargados de poñer o broche final a Verde que te quero verde son os artistas Paco Nogueiras e Fred Martins.
O primeiro en comezar será Paco Nogueiras co novo e divertido espectáculo, Radio Bulebule, baseado nun libro-CD-DVD co mesmo nome e no que se combinan cancións e interpretacións con divertidos rexistros nunha radio itinerante, a emisora que máis lle gusta ao público, na que todo o universo é música.
A actividade de Paco Nogeuiras rematará sobre ás 13:00 horas e continuará co cantante e compositor Fred Martins, que ofrecerá un repertorio moi vencellado á tradición musical de Brasil na que combinará temas propios de nova composición con cancións de recoñecidos artistas.
Debate sobre el post