FERROL360 | Venres 21 xuño 2019 | 9:22
Este sábado a zona do Castro de Vilasuso, no Val, vivirá unha nova Recreación das Lendas da Pena Molexa, que este ano chega á súa vixésimo segunda edición. Para esta xornada programáronse varias actividades, que comezarán ás 18.00 horas cunha sesión de Xogos tradicionais e Deporte rural.
Máis chegada a noite, a partir das 20.00 horas, haberá unha churrascada popular que dará paso, ás 22.00 horas, a unha verbena tradicional galega amenizada polos grupos Pesdelá e A Banda das Crechas e que presentará Isabel Risco.
Como cada ano, ás 00.00 horas, comezará a Recreación das Lendas da Pena Molexa, coa representación protagonizada por alumnado da Escola de Formación de Actrices e Actores do Padroado da Cultura de Narón.
Estas lendas contan a historia dunha moura que se convertiu en rocha nesta zona, nunha noite que coincidía co solsticio de verán. Ás 00.30 horas haberá unha Lumeirada popular.
Debate sobre el post