FERROL360 | Xoves 3 marzo 2016 | 19:40
O Campionato provincial de Campo a través, adiado a pasada semana polas malas condicións meteorolóxicas, terá lugar este domingo nun circuíto habilitado no polígono de Río do Pozo, en Narón.
Nesta proba participarán unhas 500 persoas, que percorrerán tramos de entre 700 e 4.000 metros, en función das distintas categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete. As competicións comezarán a disputarse ás 16:30 horas e está previsto o seu remate ás 19:00 horas.
Un dos obxectivos deste campionato é fomentar a práctica deportiva entre os rapaces e rapazas que participan, así como impulsar hábitos de vida saudables entre o colectivo.
Colaboran nesta convocatoria, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, a Federación Galega de Atletismo, o Club de Atletismo Narón e o Concello de Narón, a través da área de Deportes que preside o edil Román Romero.
Debate sobre el post