FERROL360 | Mércores 14 xaneiro 2015 | 11:26
As familias de Neda que o desexen poden participar este mércores nunha nova sesión do programa cultural Lesme un conto?. Un proxecto de animación á lectura e achegamento á Biblioteca Municipal pensado para pais, nais, nenos, nenas, avós…
A cita dará comezo ás 18:00 horas no espazo infantil do centro de lectura da Biblioteca Municipal. Persoal do departamento municipal de Cultura, así como nais, pais e avós contarán-lerán diferentes narracións infantís para os seus fillos.
Trátase de que os pequenos vexan e escoiten que os contos están nos libros e lles apeteza así leelos ou que llos lean. Tras estas lecturas compartidas, os máis pequenos da casa pasarán un rato lendo cos seus familiares e seleccionarán aqueles libros que desexen levar á casa.
Esta actividade celébrase ao longo do curso en mércores alternos.