Publicidad

Neda celebra o IV Mercado Medieval entre o 17 e o 19 de abril

FERROL360 | Venres 20 marzo 2015 | 20:07

O Mercado Medieval regresará a Neda despois de non terse celebrado o pasado ano. A cita, que chega a súa cuarta edición, celebrarase do 17 ao 19 de abril contará con máis de medio centenar de postos de artesanía e produtos gastronómicos, así como continuos espectáculos a pé de rúa.

Desde o Concello confían en igualar ou mesmo mellorar as cifras de visitantes das anteriores edicións, cando se chegaron a alcanzar rexistros dunhas 30.000 persoas. Ao longo das tres xornadas que durará o Mercado, as rúas do casco histórico acollerán un sinfín de espectáculos de lanzachamas contacontos, teatro e, sobre todo, moita música.

A oferta do Mercado incluirá tipo de produtos como cerámica, coiro, bisutería, xabróns, velas ou gastronómicos como embutidos, doces, queixos… Xunto a eles, tabernas e postos de degustación de diferentes pratos e bebidas. O obxectivo é garantir un ambiente 100% medieval.

Publicidad

Campaña Día del Padre Odeón

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Noche de las Pepitas Ferrol