FERROL360 | Sábado 27 setembro 2014 | 12:19
A colaboración entre a Demarcación de Costas en Galicia, a Deputación Provincial de A Coruña e o Concello de Neda permitirá a construcción dunha pasarela de madeira sobre o río Belelle. Unha actuación que conta cun orzamento de 110.000 euros, dos que o 80 % estarán financiados pola Deputación e a cuantía restante será aportada pola administración local.
A infraestrutura sobrevoará a desembocadura do río Belelle, unindo as parroquias de Santa María e San Nicolás. Ata 64 metros de largo sobre 40 pivotes, ocupando unha superficie duns 190 metros cadrados. Ampliaráse deste xeito a zona de paseo dos veciños.
As obras arrancan co acto formal de firma da acta de replanteo, que tivo lugar esta semana e na que estiveron presentes o alcalde de Neda, o xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, e o xefe de contratación da Deputación provincial da Coruña, Guillermo Grandío.
Debate sobre el post