FERROL360 | Venres 9 xaneiro 2015 | 16:25
Neda contará cunha veintena de novos colectores de lixo, que se instalarán por todo o termo municipal. A medida dará resposta ás demandas trasladadas por veciños, especialmente en zonas nas que se rexistrou un aumento de novos residentes, facendo escasos os colectores actuais.
Nesta compra o Concello investirá preto de 3.000 euros e o goberno local estima que no prazo de dúas semanas se reciba o material para proceder á súa instalación. Serán dez colectores con capacidade para 360 litros e outros dez de 800 litros.
Debate sobre el post