FERROL360 | Sábado 18 maio 2019 | 19:42
Neda quedou fora das actuacións de captación e depuración de augas das marxes norte e sur da ría que resolveron o saneamento do resto dos Concellos da ría de Ferrol. Para resolver esta demanda, o Concello de Neda e a Deputación de A Coruña asinaron un convenio de 100.000 euros para eliminar as verteduras á ría que se están a producir na zona da estación do ferrocarril debido a unha serie de deficiencias na rede.
O presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Neda, Ángel Alvariño Saavedra, que asinaron un convenio para resolver o acondicionamento do paso sobre a vía no acceso ao Pazo da Merced así como ás obras de eliminación das verteduras.
Ademais, haberá outras actuacións para resolver os problemas de exceso de caudal que hai no trazado do colector da zona do Regueiro, que causa un exceso de contaminantes na EDAR, así como a resolución do desbordamento nun dos colectores da zona zona de Puntal de Abaixo e do Regueiro, que desbordan o caudal ás vías do tren á altura do Pazo da Merced.
Finalmente, levaranse a cabo dúas actuación complementarias. A primeira é a separación de augas pluviais na rúa Regueiro e anexas e a reparación das canalizacións de saneamento na intersección da avenida de Algeciras coa rúa Regueiro, segundo explicou Ángel Alvariño. Posteriormente, se repoñerán os firmes e as beirarrúas que se vaian a demoler.
Por outra banda, no acceso ao Pazo executarase un novo colector e construirase un pozo de bombeo na marxe oeste da vía para solventar o vertido ás vías do tren. O total das obras ascende a 100.000 euros dos que 80.000 corresponden a Deputación de A Coruña e o resto é financiado polo Concello de Neda.
Debate sobre el post