Publicidad

Neda é un municipio solidario co Alzhéimer

FERROL360 | Mércores 1 abril 2015 | 17:02

O Concello de Neda quere apoiar a sensibilización e concienciación da sociedade, institucións e políticos sobre o Alzhéimer, un problema socio-sanitario de primeira magnitude. Por iso a corporación aprobou por unanimidade a declaración de Municipio solidario co Alzhéimer.

O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, informou á presidenta de AFAL Ferrolterra, Milagros Prieto, sobre esta decisión e Prieto agradeceu a adhesión do Concello de Neda. Deste xeito, o Concello apoia a iniciativa liderada por CEAFA (confederación de asociacións de familiares de enfermos), que reivindica a posta en marcha dunha Política de Estado de Alzhéimer.

Hai que lembrar que o alzhéimer é o tipo de demencia máis prevalente e que, na actualidade, afecta en España a 3,5 millóns de persoas, entre as que o sufren e os seus familiares coidadores.

Publicidad

Banner Semana Santa
Banner Semana Santa

Banner Parque Ferrol