FERROL360 | Martes 28 abril 2015 | 18:46
As farolas solares están emprazadas na pasarela sobre o río Belelle, na zona de Subarreiros, e permitirán un aforro económico considerable respecto ao alumbrado tradicional. Son completamente respectuosas co medio ambiente, polo que esta será a liña a seguir para futuras intervencións do goberno local. A actuación, de 6.000 euros, financiouse cunha subvención.
Por outro lado, a Demarcación de Costas, administración competente neste espazo, autorizaba recentemente ao Concello de Neda a proceder á retirada da balaustrada que delimita o paseo nunha das marxes, moi deteriorada polo p do tempo, e sustituíla por outra máis acorde co entorno.
Tras a construcción da pasarela cunha achega da Deputación, o acondicionamento dunha senda de acceso tanto a esta infraestructura como ao parque infantil e á piscina municipal ubicados no entorno, o Concello reparaba recentemente o mobiliario urbano da zona de xogos, despois de q fose obxecto de actos vandálicos.
