FERROL360 | Luns 27 maio 2019 | 19:10
O Concello de Neda pecha a programación deseñada para celebrar o Día das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre a vida e obra de Antón Fraguas, o persoeiro homenaxeado neste 2019. A cita será este mércoles, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura.
Trátase dun traballo dirixido por Gonzalo E. Veloso no que participan amigos e especialistas na figura de
Fraguas como Clodio González, María Xosé Fernández Cerviño, Rosa Méndez e Víctor Freixanes, entre
outros.