FERROL360 | 13 marzo 2018 | 13:52
‘Máis que un teito’ busca ser o punto de partida para a posta en marcha dunha Escola de Familias na que se aborden todos aqueles temas relacionados coa educación dos fillos. Este programa de prevención no ámbito familiar conta coa colaboración do Concello de Neda, a Asociación Ferrolana de Drogodependencias (Asfedro) e a Consellería de Sanidade.
A materialización desa Escola de Familias dependerá do éxito desta primeira convocatoria, que se levará á práctica os días 14 e 21 de marzo e 4 e 11 de abril na Casa das Palmeiras en horario de 16.30 a 18.00 horas.
As persoas interesadas deben inscribirse na Casa da Cultura, de 9.00 a 13.00 y de 16.00 a 20.00 horas, a través dos teléfonos 981 390 233 e 981 390 249 ou no correo electrónico celia.sabin@neda.es.
Haberá servizo de conciliación para nenos e nenas de 3 a 12 anos na biblioteca municipal, situada na Casa da Cultura.
Debate sobre el post