Publicidad

Neda someterá a votación a aprobación dun remanente de 250.000 euros

FERROL360 | Domingo 29 xullo 2018 | 12:46

O Concello de Neda votará o próximo luns 30 de xullo na sesión plenaria ordinaria dous asuntos: a aprobación dun remanente de tesourería que ascende a un importe total de 250.000 euros e a licitación de servizos municipais.

Así, o goberno municipal someterá a aprobación do exceso de 250.000 euros para planificar o investimento de 180.000 euros en obras de aglomerado na parroquia de Santa María. Con cargo a mesma cantidade, o Concello tamén votará a instalación de pavimento de corcho nos parques infantís de Santa María, Principito e Xuvia, por un total de 40.000 euros.

O resto do importe sobrante se usará para o financiamento das obras de canalización e posta en funcionamento do abastecemento de auga de Rabadeña, unha decisión que se toma despois da concesión outorgada por Augas de Galicia para o aproveitamento de dúas captacións.

Finalmente, tamén se aprobará no caso de proceder cos votos necesarios a licitación os concursos públicos de contratación do Servizo de Axuda a domicilio, cuxo importe anual que ascende a 837.705,60 euros, e o correspondente ao Servizo de Limpeza de Edificios Municipais, que supera os 210.000 euros.