
FERROL360 | Mércores 4 setembro 2013 | 19:31
Despois dun mes de vacacións, a tenue luz da capela do Centro Cultural Torrente Ballester volve acenderse para celebrar un xoves máis o ciclo de concertos Noites na Capela. Esta vez, o responsable de encher con música o local ferrolán, é o cantautor coruñés César de Centi.
Con máis dunha década de carreira musical, este artista comprometido leva recorrido moitos locais da nosa xeografía. Realizou numerosas colaboracións en concertos e discos de outros artistas, participou en festivais da canción de autor e a súa vena solidaria reflíctese no compromiso que adquire actuando en campañas e concertos para diferentes oenegués.
Considérase un afortunado de ter compartido escenario con artistas como Gustavo Almeida, Marwan, Tontxu , ou o seu querido Carlos Chaouen. Actualmente prepara o seu novo traballo discográfico en solitario, La luz de los gigantes, no que volverá a contar con importantes colaboracións.
A entrada custa 3 euros e pode adquirirse no teléfono 981 944 245 ou nas taquillas do Teatro Jofre e do propio Centro Torrente Ballester. A actuación dará comezo ás nove da noite.
Próximos concertos
A capela do Torrente Ballester acollerá proximamente os concertos de Emilio Rúa, Vodevil e Marcos Mella. Os xoves 12, 19 e 26 de setembro respectivamente.
Debate sobre el post