FERROL360 | Sábado 18 abril 2015 | 18:00
Cunha marcha pola estrada de San Pedro, os veciños da zona e máis o BNG volverán a esixir a construción de beirarrúas para que os peóns poidan transitar con total seguridade por esta estrada. A cita reivindicativa será este domingo ás 11:30 horas.
A comitiva partirá da confluencia da estrada de San Pedro co camiño do Escorial e o Campo de Chao, á altura da farmacia. É a segunda convocatoria deste tipo que levan a cabo e buscan que a Deputación provincial, titular da vía, tome conciencia do risco que supón para os peóns camiñar polo vial.
Nun comunicado, o BNG advirte que a estrada carece de beirarrúas e ten «tramos de excesiva perigosidade para os viandantes» debido ao estreitamento da vía e escasa visibilidade ao seu paso polo Beleicón. Tamén critican os nacionalistas que a Deputación ten previsto acometer obras de mantemento sobre o firme, pero que non contempla a construcción das beirarrúas.
Debate sobre el post