FERROL360 | Venres 9 marzo 2018 | 9:55
A Concellería de Deportes do Concello de Mugardos promove para este domingo día 11, en colaboración coa Asociación de Veciños Montefaro, unha nova andaina do programa ‘Mugardos Camiña’. Desta volta, os participantes serán guiados polas terras de Chanteiro.
A andaina, como é habitual no programa, durará un máximo de catro horas e terá un grao de dificultade media, ao alcance da maioría da veciñanza.As persoas interesadas en participar poden inscribirse previamente na OMIX do Concello, de 09.00 a 14.00 horas, de forma gratuíta. Tamén poden chamar por teléfono ao 981 470 338 extensión 1.
O roteiro partirá ás dez da mañá do consistorio e rematará no mesmo punto en torno ás dúas da tarde. A actual edición do programa ‘Mugardos Camiña’ desenvólvese de xaneiro a maio e abrangue cinco saídas.
Debate sobre el post