FERROL360 | Mércores 14 xaneiro 2015 | 13:23
A Casa da Cultura de Fene acolle a mostra Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia. A exposición dá conta, a través de distintos paneis, do instructivo compromiso solidario dos emigrantes galegos.
A mostra subraia a dimensión da efeméride do centetario fundacional das Sociedades Galegas de Instrucción radicadas en América e as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes galegos.
Comisariada por Vicente Peña Saavedra, e documentada por Carolina García Borrazás e María Teresa García Domínguez, é unha nova contribución do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, á recuperación e posta en valor da memoria e o legado dos emigrantes.
Está promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG), a través de su Arquivo da Emigración Galega, e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración. Permanecerá aberta ata o 31 de xaneiro, de luns a venres, de 10: a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Os sábados poderá visitarse de 10:00 a 13:00 horas.
Pedro Castro no Ateneo
Mentres, o Ateneo Ferrolán acolle a mostra As Cantigas de Alfonso X: A súa música, historia e pintura. Unha exposición de pinturas de Pedro Castro que se pode visitar ata o 30 de xaneiro.
