FERROL360 | Luns 16 xuño 2014 | 18:22
A ampliación do CPI Conde de Fenosa de Ares está un pouco máis preto de facerse realidade. E é que o Concello de Ares suscribiu este luns as actas de abono e ocupación dos terreos sobre os que se levará a cabo dita ampliación.
Así, unha vez formalizada a ocupación das parcelas, un total de catro e que acadan unha superficie de 1.910 metros cadrados, o Concello vai poñer de inmediato a disposición da Consellería de Educación os terreos para que se inicie a execución das obras de ampliación necesarias.
Debate sobre el post