Publicidad

O Apalpador chega este xoves a Ferrol

FERROL360 | Jueves 23 diciembre 2021 | 12:19

O Apalpador chega este xoves a Ferrol da man da Fundaçom Artábria. O carboeiro do Caurel percorrerá os barrios de Esteiro e A Magdalena nunha ruada xunto as trasnas e a banda de música Xoldaina. Sairán do centro social da entidade ás 17:00 horas.

Percorrerá rúa Ánimas, Españoleto, avenida de Vigo, praza de Sevilla, praza de España, Galiano, Dolores, praza de Armas, Real, Terra e Cantón de Molíns. A actividade, explican desde Artábria, conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol.

Este pasado mércores, en Neda, o Apalpador xa percorreu as rúas convidado pola asociación Semente de Trasancos. Tamén acudiu a un obradoiro de chapas dirixidos aos pequenos e pequenas da casa.