Publicidad

O Apalpador percorre este domingo as rúas de Ferrol

FERROL360 | Domingo 29 decembro 2019 | 14:06

Adiada pola alerta vermella que trouxo consigo o Fabien, a ruada do Apalpador percorrerá este domingo os barrios ferroláns desde as 17:15 horas acompañado por cinco trasnos que repartirán lambetadas sen gluten e globos entre a cativada.

Tampouco faltará á cita, organizada pola Fundaçom Artábria coa colaboración do Concello, a música en directo a cargo da banda Xoldaina. A comitiva sairá da sé da Fundaçom na Travesa de Batallóns para percorrer Carlos II, Ánimas, Españoleto, Doctor Iglesias Parga e Avenida de Vigo.

Logo pasará pola praza de Sevilla, praza de España, rúa Galiano, Dolores, Amboage, Arce, Real e Terra para rematar na praza da Constitución, onde as crianzas poderán despedirse do carboeiro do Caurel até o vindeiro Nadal.