ARY LÓPEZ | Martes 9 xullo 2013 | 16:55
O Ateneo Ferrolán publica as bases do Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega ‘Constantino Bellón’, que terá lugar o vindeiro 31 de agosto.
Este certame -único en Galicia de composición e interpretación de gaita galega para solistas- leva vinteún anos celebrándose no seo desta sociedade cultural ferrolana.
O que se pretende é potenciar a música da gaita, valorando o emprego de xiros e técnicas tradicionais propiamente galegas. Ademáis, é obrigatorio presentar partituras inéditas, o que vai aumentar a calidade e cantidade de pezas creadas exclusivamente para este concurso. Del sairán gravacións e edicións en disco das pezas daqueles autores que cheguen á final do concurso.
Anualmente, medra tamén no panorama musical a importancia deste encontro considerado como un dos máis importantes a nivel internacional.
Desde hai varias edicións, creouse unha participación directa na final de catro gaiteiros seleccionados dos centros galegos de todo o mundo. Deste xeito, a promoción da nosa música ao traverso do Concurso chega aos colectivos de galegos emigrantes, aos que lles chegan as gravacións dos artistas seleccionados na final.
Historia
Constantino Bellón foi un gran mestre gaiteiro que conseguiu dotar de categoría e relevancia o noso folclore.
O Ateneo Ferrolán decidiu en 1991 homenaxear a esta importante figura por medio dun concurso que fora «plataforma de expresión e presentación de novas pezas e autores, para axudar a manter, potenciar e prestixiar a figura do Gaiteiro Integral da nosa música tradicional de gaita galega».
Debate sobre el post