FERROL360 | Luns 4 maio 2015 | 19:23
O BNG-Asembleas Abertas de Ferrol comprométe a desenvolver unha política municipal que teña como obxectivo impulsar o ensino público e a galeguización do mesmo desde o Concello de Ferrol. Para elo, esixirá á Consellería de Educación a dotación de persoal e medios suficientes para atender a todo o alumnado en condicións axeitadas de calidade.
Os nacionalistas apostan pola creación dunha oficina municipal de información e xestión que coordine todos os asuntos relacionados coa educación e en todas as etapas educativas, desde infantil ata a universidade, incluíndo a información sobre tramitación e requisitos para a conavalidación da experiencia profesional por titulación oficial.
Tamén queren promover a apertura dos centros educativos fóra do horario lectivo para a realización de actividades extraescolares e de lecer gratuítas, que permitan ás familias compatibilizar os horarios laborais cos escolares. Tamén apostan desde o BNG por dar continuidade ó servizo de comedor en periodos de vacacións para garantir unha alimentación mínima daqueles cativos que o precisen.
Neste senso, queren impulsar o servizo o comedor escolar en todos os centros públicos, incluindo o servizo de almorzos, ademais de esixir á Consellería de Educación que asuma a súa responsabilidade no financiamento e xestión deste servizo.
En canto ao ensino universitario, desde o BNG-Asembleas Abertas se aposta por colaborar no desenvolvemento de centros de investigación vinculados co ensino universitario e coa formación profesional e que estén tamén relacionados co mundo da empresa e coas necesidades das mesmas.
Debate sobre el post