FERROL360 | Jueves 2 mayo 2019 | 19:52
O Bloque Nacionalista Galego de Cabanas organiza o vindeiro domingo 5 de maio unha xornada de limpeza no entorno da praia da Madalena desde as 11:00 horas. Trátase dunha actividade aberta á veciñanza que ten como obxectivo «concienciar da importancia de coidar o noso entorno e poñelo en valor», sinalou o candidato nacionalista á Alcaldía, Iago Varela.
Desde o BNG lembran que a contorna costeira «sufriu as consecuencias do goberno de PP – AEC, que executou varias talas masivas e sen criterio no piñeiral da Madalena, adiou as accións para pór freo á erosión da costa –especialmente graves en Chamoso– e non levou a cabo uns mínimos coidados de limpeza nos areais».
Para participar na actividade cómpre apuntarse antes a través do do WhatsApp do BNG (668 696 933) ou do correo electrónico cabanas@bng.gal, indicando os datos persoais das persoas interesadas en participar. A organización farase cargo do material necesario (bolsas e luvas) para levar a cabo a actividade.
Debate sobre el post