Publicidad

O BNG de Fene di que o Concello debe xestionar o punto limpo de Vilar do Colo

FERROL360 | Venres 7 novembro 2014 | 14:28

O BNG de Fene considera que é o momento de que o Concello lidere a xestión do punto limpo de Vilar do Colo. Así, indica ao goberno local que debe preparar un regulamento de usos acordado co Concello de Cabanas e logo abrir estas instalacións á incorporación doutros municipios.

Os nacionalistas denuncian que a xestión das instalacións pola Mancomunidade de Municipios de Ferrol xa foi levado a pleno por parte do goberno de Fene ata en dúas ocasións, sen chegar a ningunha solución.

Así, este asunto conta co informe negativo de Secretaría e cun segundo informe da Deputación no que non se pronuncia e pide máis información ao Concello. Segundo o voceiro do BNG, Juventino Trigo, «o gran problema que teñen os concellos son as leis do PP, que lles quitaron competencias, e hai que pedir permisos que hai tres anos non existían».