FERROL360 | Xoves 18 febreiro 2016 | 19:13
O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo este xoves unha xuntanza cos comités de Electrorayma e Tecman para trasladarlles o seu apoio ás súas reivindicacións e anunciar que o grupo municipal asumirá e presentará no pleno municipal a moción elaborada polos traballadores na que piden a subrogación coas condicións laborais actuais dos traballadores de mantemento nos estaleiros da Ría de Ferrol co fin de garantir a continuidade destes traballadores da mesma maneira que acontece na factoría de Cádiz.
O BNG pide pór fin á «discriminación dos traballadores de Ferrol» e lembra que os 65 traballadores de Electrorayma e Tecman piden algo «tan sensato como a subrogación dos postos de traballo que veñen exercendo dende hai moito tempo, ao igual que se fai na Bahía de Cádiz».
O BNG considera «asumíbel» a «discriminación» aos centros de produción da ría de Ferrol e lembra que «a consecuencia inmediata da carencia de carga de traballo é a precarización todavía máis das condicións laborais dos traballadores», considerando que coa actual política de contratacións Navantia está a «tirar os prezos».