FERROL360 | Martes 17 novembro 2015 | 18:29
O BNG de Ferrol reclama ao Goberno local que execute traballos de mellora e urbanice o Camiño das Brañas. Ao mesmo pide que se atendan as demandas veciñais para dotar a esta zona de alumeado público.
Os nacionalistas destacan a necesidade de que se proceda a asfaltar o firme deste vial, situado na estrada de Catabois á altura do desvio ás vivendas do barrio de San Pablo.
Desde o grupo lembran que o camiño non conta con ningún punto de luz. Unha situación que causa molestias e inseguirdade aos veciños da zona.
Así, sinalan desde o BNG que é preciso mellorar as condicións nas que se atopan moitas zonas de Ferrol, que pasan inadvertidas pero que tamén forman parte da cidade.