FERROL360 | Sábado 7 setembro 2013 | 19:22
Os nacionalistas ferroláns concentráronse hoxe cos veciños e veciñas afectados polo estado das rúas Herbosa, Fontemoura e Río Xuvia e acordaron presentar unha moción ao pleno e continuar coas protestas.
As esixencias dos veciños pasan polo arranxo da rúa Herbosa e a súa conexión coas rúas de Fontemoura e Río Xuvia; piden que se actúe de xeito urxente para urbanizar esta zona. Para conseguilo, seguirán coas concentracións o vindeiro sábado, solicitarán una xuntanza co alcalde de Ferrol e presentarán a través do grupo municipal do BNG, unha moción ao vindeiro pleno.
A concentración desta mañá foi a terceira, logo das dúas celebradas con anterioridade polos veciños, que levan máis de un ano instando ao goberno local a arranxar as deficiencias que presentan, coma as deficiencias no firme que as fai intransitables para peóns e veículos.
Debate sobre el post