FERROL360 | Venres 9 xaneiro 2015 | 18:15
O BNG de Narón pon en marcha unha páxina en Facebook co obxectivo de que serva como plataforma de participación no proxecto do Bloque cara as eleccións muncipais. Os nacionalistas queren que sexa un instrumento tanto para a conformación da candidatura como para o establecemento das liñas programáticas coas que concorrer o 25 de maio.
Ademais, na páxina de Queremos Narón anunciaranse as distintas actividades que se van programar desde a formación frontista. O candidato á alcaldía polo BNG, Pablo Villamar, e a viceresponsábel local da organización, Eva Guerrero, foron os encargados de presentar a páxina.
Por outra banda, Villamar e Guerrero anunciaron que as asembleas abertas volverán ser as protagonistas, conformando o eixo central do traballo da organización.
Debate sobre el post