Publicidad

O BNG de Narón celebra unha asemblea aberta este domingo na Solaina

FERROL360 | Sábado 15 novembro 2014 | 20:00

Coa xuntanza deste domingo na Solaina, o BNG de Narón pechará o primeiro ciclo de asembleas abertas da localidade. Esta actividade ten como obxectivo achegar xente ao proxecto nacionalista de cara aos comicios locais do vindeiro mes de maio.

A cuarta charla programada pola organización frontista na localidade terá lugar no local social da Solaina, na rúa Mercedes Freire Lago, este domingo ás 12:00 horas.

Nestes encontros coa cidadanía, o BNG recolle aportacións cara a elaboración da candidatura e ideas cara a concreción do programa electoral co que optará á alcaldía de Narón.

Asemblea BNG Naron