FERROL360 | Sábado 18 abril 2015 | 16:42
Pablo Villamar, candidato á Alcaldía de Narón polo BNG-Asembleas Abertas, lanza o guante ás cabezas de lista para debatir publicamente e confrontar ideas e programas. Villamar préstase voluntario para organizar este actos.
Nun comunicado, Villamar asegura que o BNG-Asembleas Abertas sempre é partidario da participación e a transparencia e considera que a mellor forma de demostralo é «compartir e contrastar publicamente non só os posicionamentos de cara aos vindeiros comicios, senón tamén o balance do mandato».
Asimesmo, avanza que a diferenza do que xa están a deixar ver outros candidatos, empregará un ton construtivo e respectuoso durante toda a campaña. O nacionalistas engade que o BNG-Asembleas Abertas é «unha organización seria e responsabel que ten vocación de mudar as cousas e transformar o concello desde o goberno».
Debate sobre el post