FERROL360 | Luns 13 abril 2015 | 19:58
O BNG de Neda deu un paso máis na composición da súa candidatura e aprobou os catro postos seguintes da lista, toda vez que xa foi confirmada Helena Pardo como cabeza da mesma. O posto número dous é para Cristina Bouza, que xa foi concelleira en Neda polo BNG; síguelle María Jesús Martínez, que participa por primeira vez nunha candidatura municipal.
O posto número catro é para Manuel Alberto Roibal, mentres que o cinco é para Fernando Sánchez. Deles, o BNG destaca a súa xuventude e a súa experiencia. Desde a organización indican que o resto da lista está completa, a falta de resolver pequenas incidencias de trámite.
