FERROL360 | Sábado 10 enero 2015 | 12:40
O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol organiza, para o próximo martes día 13, unha mesa redonda con asistencia libre baixo o título «Galiza e a política municipal nacionalista». «Este acto é una oportunidade para achegarmonos á realidade local e as iniciativas que o nacionalismo galego está a desenvolver naqueles concellos onde goberna», explica o BNG. Un dos asistentes será Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.
Tamén irá Secundino García, edil de San Sadurniño, un dos municipios que o BNG quere poñer de exemplo al falar da política municipal nacionalista. O acto, público, celébrase na Galería Sargadelos de Ferrol, ás 19:30 horas. A recuperación urbanística, o desenvolvemento do tecido económico local, con especial fincapé no comercio de proximidade ou a rede de transporte público, son algúns dos temas que as persoas que se acheguen ao encontro podrán observar.
Antes, en privado, membros do BNG de Ferrol, co portavoz Iván Rivas á cabeza, manterán un encontro de traballo con Fernández Lores para compartir experiencias e coñecer de primeira mano as medidas postas en marcha en Pontevedra. As políticas baseadas na defensa dos servizos públicos, con medidas que promoven un modelo de xestión transparente, estarán sobre a mesa, din os nacionalistas.

Debate sobre el post