REBECA COLLADO | Ferrol | Venres 5 decembro 2014 | 15:00
O BNG non vai participar nos actos conmemorativos do XXXVI aniversario da Constitución que terán lugar este venres porque afirman que o documento «nega a nosa existencia e que nega por tanto os nosos dereitos», segundo indicou Iván Rivas do BNG de Ferrol.
No canto de acudir a esta celebración, os nacionalistas desenvolveron na mañá deste venres outro acto na Praza de Armas e no que reclamaron o dereito a decidir. Así, pediron o recoñecemento do pobo galego e «a capacidade para poder decidir como quere organizarse e como quere relacionarse co resto do pobos do Estado».
