FERROL360 | Viernes 17 de enero de 2025 | 10:16
Pilar Lozano, Responsable Comarcal do BNG en Ferrolterra, acompañada de membros da nova executiva comarcal presentou esta mañá as liñas de traballo que vai desenvolver o BNG nos vindeiros meses e que estarán centradas na defensa do Galego e a conmemoración do ano Castelao.
A defensa do galego foi e será sempre unha prioridade política do BNG e que por iso mesmo vaise intesnsificar o esforzo pola plena recuperación, dignificación e normalización da nosa lingua. Lozano tamén avanzou que o BNG vai ter unha implicación activa na reactivación da Plataforma Queremos Galego participando na organización do Plenario Comarcal desta plataforma que terá lugar o vindeiro día 23 de xaneiro às 20 h. No Antigo Hospicio de Ferrol con vistas a grande manifestación nacional que terá lugar o Dia de Rosalia (23 de febreiro) en Compostela.
O BNG vai desenvolver unha campaña propia para conmemorar o Ano Castelao coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento. Para o BNG está é unha grande oportunidade para darmos a coñecer a figura de Castelao en toda a súa magnitude política, literaria e artística.
Castelao é o pai do nacionalismo galego. Pilar Lozano acusou ao PP de actuar sen escrúpulos ao negar a condición de nacionalista de Castelao e indicou que as autenticas intencións do Partido Popular para celebrar o ano Castelao son censuralo, manipulalo e apropiarse da súa figura.
É por iso que o BNG ademais de desenvolver a súa propia campaña vai apoiar todos os actos sobre Castelao que non manipulen a súa figura, vai defender ao castelao que defende o pobo galego.
Noutra orde de cousas avanzou tamén que o BNG vai seguir a desenvolver a súa ofensiva contra o espolio colonial dos nosos recursos: espolio eólico, oposición a Altri etc. Continuará a desenvolver a súa campaña para demandar un novo financiamento e un novo marco xurídico político para Galiza ademais de estar presente nas celebracións do ( 8 de marzo, Dia Internacional da Muller, e do Día da Clase obreira Galega.
Apoio a mobilización polo futuro e emprego nas Pontes
O Deputado do BNG, Xose M. Golpe, foi o encargado de avanzar o apoio do BNG a mobilización convocada pola CIG este domingo, día 19, nas Pontes en defensa do emprego e para demandar a reindustrialización da vila.
O BNG acusou ao goberno central e á Xunta de non ter como prioridade o futuro das Pontes tras o peche da central e a súa nula implicación no desenvolvemento dos planos que se anuncian, pero que ningún se concretiza.
Debate sobre el post