FERROL360 | Viernes 9 octubre 2015 | 19:28
Iván Rivas e Eva Espiñeira fixeron unha valoración esta mañá sobre a actuación do Goberno local, xa que «está a ter unha actitude pasiva» con respecto a administración da depuradora, segundo os portavoces do BNG.
«Veciños e veciñas pagan costes da construcción mediante tasas» denunciaba Rivas na rolda de prensa ós medios e reclamaba que nin sequera se puidera «cambiar a ubicación» da infraestructura que conleva a «gastos económicos e medioambientais».
O portavoz do BNG declarou que o Goberno local «está a actuar por intereses partidarios» e manifestou non comprender «como despois de catro meses se limita a contratar uns asesores vinculados coa Deputación de Córdoba».
Rivas sinala que o Goberno municipal é incapaz «de esixir responsabilidades» dunha depuradora deficiente e apuntan que deberían «suspender unha taxa» dun servicio que non existe.
Debate sobre el post