FERROL360 | Viernes 29 de noviembre de 2024 | 11:43
O Bloque Nacionalista Galego defenderá no pleno de Ferrol unha moción na que propón que o concello reforce o seu apoio ao fomento da lingua galega, ademais de revisar a súa actuación en materia lingüística de cara a que o galego sexa «verdadeiramente» a lingua oficial do concello.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, sinala que nun momento en que o galego está nunha situación de emerxencia «é preciso que o concello de Ferrol dea un paso á fronte na defensa da lingua galega», implementando o seu uso en todas as iniciativas e actividades propias do concello, apoiando todas as iniciativas sociais de cara a súa defensa e esixindo á Xunta de Galiza «que cumpra o estabelecido na Lei de Normalización Lingüística e no Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega e na Ordenanza de Normalización Lingüística».
Rivas asegura que desde o BNG están «continuamente chamando a atención do goberno local sobre os reiterados incumprimentos da normativa de normalización neste concello».
O BNG sinalou que aínda está recente a intención do goberno de local de excluir o galego das contratacións municipais. Ademais tamén denuncian que os sinais das peque paradas seguen estando en español e aseguran que son continuas as campañas que, desde diferentes concellerías, se desenvolven excluíndo a lingua galega.
Así mesmo, o BNG solicita que o concello se adhira á Plataforma Queremos Galego, e que apoie as suas propostas.
Debate sobre el post