Publicidad

O CEIP Centieiras de Fene acolle a primeira sesión do programa «Contamos»

FERROL360 | Venres 22 xaneiro 2016 | 19:06

Coa lectura do conto Unha manchea de bicos aos alumnos de Infantil e primeiro de Primaria do CEIP Centieiras de Fene, a inspectora de Educación Elena Urtiaga abriu este venres o programa «Contamos».

Trátase dunha iniciativa promovida pola dirección e o claustro deste centro coa que se pretende «abrir o colexio á comunidade educativa e estreitar lazos coas institucións e sociedades».

Nesta actividade tamén participaron o alcalde de Fene, Juventino Trigo, e director do centro, Antón Pena, que explicou aos peques en que consiste o traballo dun alcalde. Ambos recibiron ao remate da iniciativa sendos lenzos pintados polo alumnado de 6º de Educación Infantil.

O alcalde de Fene e a inspectora de Educación realizaron ao remate da sesión de lectura unha visita en profundidade polas instalacións do centro. Deste xeito, Juventino Trigo e Elena Urtiaga coñeceron de primeira man como é o funcionamento do centro e cales son as súas principais demandas, como a necesidade dunha cuberta para o patio.

Logo desta primeira sesión, o programa retomarase o vindeiro martes coa visita ao colexio da Concelleira de Cultura e Ensino, Amalia García.