FERROL360 | Domingo 29 novembro 2015 | 16:23
O coñecemento da discapacidade e a inclusión das persoas que a padecen, na escola e na sociedade, é un dos obxectivos do proxecto educativo do CEIP Plurilingüe O Ramo, de Fene.
Buscan «a concienciación do alumno nos valores de solidariedade e respecto aos outros e que a discapacidade é algo que se pode manifestar ao longo da vida de unha persoa», indican desde o centro.
Para poñer en práctica este proxecto, ademais do traballo curricular, diferentes entidades colaboran co centro no desenvolvemento do mesmo, a través de cursos de formación e actividades. Así, este luns a ASCM realizará unha acción de sensibilización sobre a diversidade funcional.
A actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas e centrarase en realizar xogos adaptados ás persoas con discapacidade e accións de representación, nas que os nenos poderán percibir como se sente unha persoa con diversidade funcional.
Debate sobre el post