FERROL360 | Martes 27 xaneiro 2015 | 18:05
O Centro de Recursos Solidarios de Narón alcanzou a cifra de 3.500 quilos de alimentos recollidos durante a Campaña de Nadal. Ademais, desde a Concellería de Acción Social realizouse unha aportación de 10.500 euros para aceie, leite, produtos de farmacia e material escolar.
Durante a I Xornada Solidaria de Fútbol Sala a beneficio do CRS recadáronse 1.000 quilos de alimentos. Mentres que na Cabalgata Solidaria xuntáronse un total de 2.500 quilos de alimentos co mesmo destino.
A concelleira de Acción Social, Catalina García, agradeceu este martes a solidariedade de toda a xente que colaborou con esta entidade, que presta servizo a tódalas persoas de Narón e comarca que o precisen.
«Quero agradecer á xente a súa colaboración e a súa solidariedade co Centro de Recursos Solidarios cada vez que se convoca unha campaña de recollida», indicou a edil, engadindo que «as portas do centro están abertas todo o ano para continuar recollendo aportacións».