FERROL360 | Xoves 12 setembro 2013 | 15:52
O pavillón municipal de San Sadurniño acolle esta tarde un encontro amigable entre dous equipos que están a quentar motores para a nova temporada.
Por unha banda, o Troula Betanzos -fundado en 1995 e que este ano xoga en Terceira División- presentará as súas novas incorporacións, entre as que destaca Iago Socastro, que vén de clubs coma o Rías Baixas, o Lobelle Santiago, o FC Barcelona ou O Parrulo.
Rival deste equipo será o Cidade de Narón, que vén disputando a Segunda División B, onde parte como favorito para facerse co campionato de liga e ascender así na categoría. Presenta as altas de Josito e Buján, para completar un cadro de 13 xogadores dos que tres son porteiros.
Ámbolos dous equipos veranse as caras ás 21:30 horas. Pero, ademais, o público poderá animar a dous conxuntos da comarca: unha selección de San Sadurniño e o equipo da Pombiña de Pedroso. Terá lugar ás 19:30 horas.
Debate sobre el post