FERROL360 | Mércores 30 xullo 2014 | 21:19
Os deportes minoritarios precisan do apoio e colaboración dos concellos para fomentar a práctica dos mesmos e asegurarlles un futuro. Así, o alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o presidente do Club Arco Narón, Anxo Grandal d’Anglade, asinaron este mércores un convenio de colaboración acompañados pola concelleira de Deportes, Natalia Hermida.
O acordo ten vixencia anual, que irá de de xaneiro a decembro de 2014, e ten como obxecto a coordinación e promoción de calquera actividade relacionada co tiro con arco. Así, a administración local realizará unha achega de 17.000 euros e cederá as instalacións do Pavillón da Mocidade de A Gándara de luns a venres de 18:00 a 20:00 horas, exceptuando os meses de verán.
Debate sobre el post