Publicidad

O Club de Montaña organiza unha andaina polo Eume para o 23 de outubro

FERROL360 | Domingo 16 outubro 2016 | 14:20

O Club de Montaña organiza para o domingo 23 de outubro unha andaina polo Eume de dez quilómetros. A dificultade da ruta é baixa e o esforzo é medio. O límite de persoas inscritas é de 50 e o prazo para anotarse finaliza o día 21, salvo que se esgoten antes as prazas.

A organización partirá do aparcadoiro da baixada central da Ventureira ás 09:00 e ten previsto chegar de volta contra as 13:30 horas.Desde a entidade indican que a idea é que cada participante vaia en coche particular ata o aparcadoiro e alí un bus trasladará aos asistentes ata o Gallel, onde comenzará a andaina.

Esta actividade ten un prezo de 5 euros para os socios inscritos antes do 1 de xullo de 2016 e de 8 euros para os inscritos despois desa data. Para as persoas que non sexan socias do Club terá un custe de 10 euros. No paso de pagar no autobús hai un incremento de 2 euros nos prezos indicados.