FERROL360 | Luns 12 outubro 2015 | 17:35
O Club de Montaña organiza para o domingo 18 de outubro unha andaina polo Lugar de Interese Comunitario, LIC, Río Castro. A dificultade da ruta é baixa e son un total de 12 quilómetros aproximadamente.
A organización partirá de O Batán, en Naraío, ás 09.30 e ten previsto chegar de volta contra as 13.30 horas. Esta actividade é de balde para os socios e para as persoas que non sexan socias do Club terá un custe de 3 euros. Os interesados en participar deben inscribirse no Club de Montaña.