FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 15:12
O Club Rugby Ferrol xogará contra o Universitario de Bilbao a seguinte fase na súa loita polo ascenso á División de Honra B. O primeiro encontro terá lugar este vindeiro domingo no complexo deportivo da Malata, con inicio ás doce do mediodía, informou a entidade ao remate do sorteo da eliminatoria.
Será o seguinte reto despois de vencer en León ao Levidrio por un contundente 10-37. O conxunto vasco demandou que se xogue o domingo ao celebrarse o día anterior un torneo de base relevante neste clube. Os ferroláns afrontan o compromiso con moito optimismo ante a boa imaxe ofrecida en León. Agárdase de novo unha boa entrada na Malata. Será baixa David por motivos laborais.
Debate sobre el post