FERROL360 | Viernes 28 junio 2013 | 19:56
Dende o comité de empresa de Megasa critican a “dobre moral” dos políticos do PP pola comarca. E é que segundo explican, por unha banda o PP quere quedar ben cos traballadores, xa que o grupo municipal do PP en Narón votou a favor de que se revise a orde ministerial para que Megasa poda beneficiarse dunha baixada na tarifa eléctrica. Mentres que pola outra banda non move ficha no Parlamento e ante o Ministro de Industria para dar saída á súa problemática.
Ante esta situación o comité de empresa de Megasa pide a dimisión dos deputados do Partido Popular, Miguel Tellado e Hipólito Fariña, e dos concelleiros do mesmo partido en Narón. Neste senso, sinalan que “o PP de Galicia é o responsable da referida orde ministerial”. Aseguran que o Partido Popular “pode solucionar este problema se ten vontade política” xa que conta con maioría absoluta tanto en Galicia como en Madrid.
Por outra banda, o comité quere agradecer o apoio da cidadanía, das organizacións sindicais e dos partidos da esquerda, xa que están convencidos de que a repercusión das súas mobilizacións ven dada pola súa solidariedade.
Debate sobre el post