FERROL360 | Xoves 7 novembro 2013 | 18:59
A Área de Servizos Sociais do Concello de Fene está a traballar na organización de obradoiros educativos para persoas de tódalas idades.
Espazos Compartidos é un programa que ten como obxectivo adquirir ferramentas necesarias para o estudio e o desenvolvemento persoal, potenciando as habilidades persoais.
Por un lado, hai sesións destinadas a nenos e nenas de 6 a 12 anos, onde se fomenta a lectura, a creatividade, a concentración e se comparten xogos.
Ademais, tamén se ofrecen dúas sesións ao mes coas familias que desexen asesorarse arredor de aspectos coma o aprendizaxe e o crecemento dos pequenos. A actividade está aberta a tódalas familias do termo municipal.
O prazo de matrícula está aberto ata o vindeiro 11 de novembro e a ficha de inscrición realizarase nos centros educativos de Primaria, onde se levarán a cabo as actividades, que se prolongarán dende o 18 de novembro ata o mes de maio.
Por outra banda, o Concello de Fene tamén ofrece programas de envellecemento activo cos que se quere conseguir que as persoas da terceira idade compartan bos momentos e intercambien experiencias potenciando as súas capacidades.
Máis información no Centro Municipal de Servizos Sociais, nos teléfonos 981 492 706 e 981 342 607 ou no enderezo electrónico servizos.sociais@fene.dicoruna.es
