FERROL360 | Mércores 27 xaneiro 2016 | 11:31
Nos últimos días rexistráronse catro rebentóns en distintos puntos da rede de agua da rúa Ameneiral, en Perlío, Fene. O último produciuse a pasada noite e a concellería de Obras e Servizos busca unha solución definitiva a este problema.
Así, na mañá desde mércores os técnicos de Viaqua e os do Concello traballan nun plan de actuación urxente para acometer nesta mesma semana o arranxo integral da rede. Desde o Concello informan que o abastecemento xa debería estar reposto e as obras, que solucionarán o problema de xeito definitivo, comezarán de inmediato.
O concelleiro de Obras e Servizos, Antón Noceda, advirte que estas actuacións provocarán novos cortes, pero tamén sinala que «serán as últimas molestias que sufrirá a veciñanza». Así as cousas, Noceda pide desculpas polas enormes molestias que están a padecer os veciños.
Desde o departamento explican que estas canalizacións teñen varias décadas de antigüidade e están moi deterioradas, pero iso están a xerar tantos problemas. En todo caso, o Concello agarda que a solución definitiva chegue o antes posible.
Debate sobre el post